DENDE O 21 O 27 DE ABRIL.
(Formada por un grupo de ONG.)
A Campaña Mundial pola Educación naceu para que este compromiso internacional valioso e necesario non pasase desapercibido. Por iso, o seu obxectivo é mobilizar á cidadanía para que esixan aos seus gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas e responsabilícense do destino de millóns de persoas aos que se exclúe do dereito á educación.
Miles de persoas sen educación:
+ A educación infantil permanece estancada nos últimos anos.
+ A educación primaria universal NON está garantida.
A Campaña Mundial pola Educación comprométese a perseguir a súa misión con obxectividade, transparencia e responsabilidade e a seguir normas e procesos democráticos en todos os seus plans e accións.
Se queres máis información vai a esta paxina:
http://www.cme-espana.org/index.htm
jueves, 24 de abril de 2008
lunes, 14 de abril de 2008
Concierto Palacio da Ópera
jueves, 3 de abril de 2008
Cortexo de honra a Curros Enríquez
Día Internacional do libro infantil e xuvenil

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Desde 1967, o 2 de abril-aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen-, as Seccións Nacionais de IBBY(organizacíon internacional para o libro xuvenil) organizan a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e para promover o interese polos libros para nenos.
Cada ano, un país membro de devandita organización actúa como patrocinador internacional desta celebración.
En 2008, a sección IBBY Tailandia foi designada patrocinador internacional. Para esta tarefa, a organización convocou ao artista Chakrabhand Posayakrit, quen foi o encargado de preparar a mensaxe e deseñar o poster do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
